Serrano Burgos, Pilar
A nota / Pilar Serrano Burgos - Pontevedra : Kalandraka , 2022 - 1 Folla (180 x 60) cm. encartada cunha dobrez central lonxitudinal e nove transversais a 18 cm. unha da outra : il. cor ; 30 cm
Libro en formato acordeón.
Neste libro de formato despregable as ilustracións de Daniel Montero Galán amplifican o texto de Pilar Serrano Burgos, facéndonos partícipes da vida da veciñanza a través de recursos gráficos propios do dinamismo do cómic e do cine. Chea de detalles e de humor, a lectura non se esgota nun único pase, senón que volta tras volta descóbrense novos e sorprendentes achados. No outro lado da lámina, unha extensa galería de personaxes -mascotas incluídas- permite coñecer as súas calidades, soños, segredos…
Unha oportunidade con infinitas posibilidades creativas para continuar, con novos argumentos narrativos, as aventuras alegres e optimistas de «A Nota».
Unha nota de contido descoñecido vai pasando dunha persoa a outra e, nese constante cambio de mans, imos coñecendo o barrio onde transcorre esta emocionante e divertida historia: os edificios, as rúas, a escola, o médico, o parque e mesmo o subsolo… e, ademais, os seus habitantes: nenos, nais, anciáns, traballadores de diferentes oficios… como tamén as distintas formas nas que a nota vai compartindo e espallando a súa intrigante mensaxe.
1º-2º Primaria
9788413431369
Emocións
Sentimentos
Comunicación
Veciñanza
82-N