Esmorís, Érika

Esta é a miña historia e terás que crela /ÉRIKA ESMORÍS - 1º - Vigo : Xerais 2025, - 120 pax. : il.cor ; 19x14

Carola é unha nena cunha grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir. Pero que sucede cando as súas invencións toman vida? O que comeza como unha mentira inocente acaba levando a Carola a unha caótica aventura chea de humor e aprendizaxe, onde terá que enfrontarse ás consecuencias das súas palabras e descubrir o valor da verdade.

A verdade e a mentira, a familia, a amizade e a aceptación persoal son algúns dos temas desta divertida novela que gañou o XVIII Premio Raíña Lupa á mellor obra infantil de 2024.

3º-4º Primaria

9788411107150


A mentira
Aceptación persoal
A familia

82-NG

Coa tecnoloxía Koha