Non é unha caixa é unha cidade / Antoinette Portis
por Portis, Antoinette [autor/a]
; Heras, Chema [tradutor/a]
; Martínez, Pilar [tradutor/a]
.
Tipo: 


Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe Salgado Torres Sala préstamo | 82-N POR non | Dispoñible | CEC099000009856 |
|
O coello que protagoniza esta icónica serie de Antoinette Portis observa unhas caixas de cartón amoreadas, de distintas formas e tamaños, e decide converterse no “mellor construtor do mundo”: velaí o detonante de «Non é unha caixa. É unha cidade». A chegada doutros animais ofrecéndose a colaborar e a participar no xogo choca co seu carácter individualista, rexeitando así a intervención doutros axudantes ou xogadores. Ao verse só cambiará de opinión e contará coas achegas da xirafa que, co seu longo pescozo, pode facer torres máis altas do que alcanza o coello; das formigas, que son quen de erguer 50 veces o seu propio peso e poden transportan as caixas máis voluminosas;
e do camaleón, un experto en cores, que empeza a pintar a cidade.
Fronte ao egoísmo e á intolerancia que conducen á soidade e á tristura, o coello descubrirá a importancia de compartir, abrazar a diversidade, respectar outros puntos de vista e, sobre todo, valorar o traballo en equipo e facer amizades. Rectificar é de sabios e o protagonista decatarase da necesidade de colaborar para, entre todos, darlle vida a unha grande e fermosa cidade como resultado do esforzo colectivo e do poder ilimitado da imaxinación. Tralo éxito internacional de «Non é unha caixa», a autora volve reivindicar o xogo libre e creativo neste novo libro onde as imaxes —unha colaxe de caixas entre as que se sitúan os personaxes, trazados cunha absoluta economía gráfica e expresiva— seguen tendo un peso maior que o texto. Partindo de reciclar e reutilizar materiais tan simples como unhas caixas de cartón, a ollada infantil pode transformalas no mellor dos xoguetes; un recurso ben humilde, mais con infinitas posibilidades.
O coelliño quere construír unha cidade con caixas de cartón e cre que non precisa axuda de ninguén: nin da xirafa, nin das formigas, nin sequera do camaleón. Pero non hai nada mellor que o traballo en equipo.
4º-5º-6º Educación Infantil