Avoa de arriba e avoa de abaixo / Tomie dePaola
by
dePaola, Tomie [Author]
; Senra Gómez, Óscar [Translator]
; Senra Gómez, Sandra [Translator]
.
Type: 
Item type | Current location | Call number | Copy number | Status | Notes | Date due | Barcode | Item data |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe Salgado Torres Sala préstamo | I1-82N DEP avo | Available | CEC099000009473 |
|
Publicado por vez primeira en 1973, este álbum foi o primeiro que Tomie dePaola dedicou aos seus recordos infantís.
Cunha ilustración figurativa caracterizada polas cores suaves e os encadramentos frontais, o autor evoca unha atmosfera cargada de nostalxia e de afecto nun conto que se converteu nun clásico da literatura infantil.
Trátase dun relato autobiográfico de carácter interxeracional que nos achega a cuestións fundamentais da vida como o agarimo, a familia, a perda dos seres queridos, etc.
Nesta historia chea de tenrura preséntase a noción do paso do tempo dende dous planos, o cotián e o existencial, e introdúcese consecuentemente o tema da vellez: ese misterio que só se resolve cos anos. Pola súa parte, o protagonista enfróntase a un proceso de dó, unha experiencia que o axudará a medrar e que todo o mundo ha vivir antes ou despois.
1º-2º Primaria