Carné de identidade / Mahmud Darwix
by Mahmud Darwix [Author]; Sabat, Samar [Translator].
Type: BookPublisher: Cangas do Morrazo : Barbantesa , 2012 Description: 220 p. ; 21 cm.ISBN: 9788493885991.Subject(s): Exilio | Poesía palestina | Refuxiadas | Refuxiados | PalestinaOnline resources: Click here to access online Abstract: Ler a Darwix é ler Palestina coa voz dun dos seus poetas máis sobranceiros. A chave, a Oliveira ou a Kufieh son símbolos en ambos, reflectidos nesta escolma de 48 poemas. Neles repásase a historia de Palestina; dende os tempos bíblicos dun Iussof axeonllado, expulsado e enganado; pasando por unha terra que cheira a café, laranxa e mar; ata un territorio apresado entre pedras e silencios. Ademais, Darwix lembra algúns dos seus amores e amizades e recorda que, mala ter un carné sen cifras, ten nacionalidade: árabe. Un árabe famento de liberdade que non cesa na súa procura e que advirte do límite da súa paciencia. List(s) this item appears in: Primavera dos pobosNacido en al-Birwa, unha aldea de Galilea, en 1941 baixo o mandato británico, Mahmud Darwix foi expulsado da súa terra en 1948. Despois dun ano coma refuxiado en Líbano, a familia decidiu volver ao que daquela xa era o estado de Israel, vivindo coma ausentes-presentes en Deir al-Assad. Unha vez rematados os estudos de secundaria, Darwix trasladouse a Haifa, onde se uniu ao partido comunista israelí e colaborou con dúas das súas publicacións: al-Ittihad (A unión) e al-Lladid (O novo). O seu activismo político e poético levouno a varios períodos en prisión e a novos exilios: Moscova, Cairo e Beirut, de onde saíu tras a invasión israelí do país. Nos anos seguintes fundou a revista literaria al-Karmel, presidiu a Asociación de Escritores Palestinos e creceu o seu recoñecemento literario, moitas veces musicado por intérpretes coma Marcel Jalife. Con máis de trinta libros publicados, a maioría en verso, Mahmud Darwix morreu en 2008, deixando un gran legado poético que, por primeira vez, ve a luz en galego.
Ler a Darwix é ler Palestina coa voz dun dos seus poetas máis sobranceiros. A chave, a Oliveira ou a Kufieh son símbolos en ambos, reflectidos nesta escolma de 48 poemas. Neles repásase a historia de Palestina; dende os tempos bíblicos dun Iussof axeonllado, expulsado e enganado; pasando por unha terra que cheira a café, laranxa e mar; ata un territorio apresado entre pedras e silencios. Ademais, Darwix lembra algúns dos seus amores e amizades e recorda que, mala ter un carné sen cifras, ten nacionalidade: árabe. Un árabe famento de liberdade que non cesa na súa procura e que advirte do límite da súa paciencia.
1º-2º BAC
Formación Profesional