Pepa e Maxi non o poden crer: a profesora desapareceu! Foron de excursión ao bosque e cando volveron ao campamento non había nin rastro dela. Por que ía irse sen avisar? Só poderán atopala coa axuda dun gran detective: TI! Descobre aos sospeitosos e escolle a quen queres interrogar. Atopa as pistas escondidas nas ilustracións. Elixe cal será o seguinte paso na investigación e decide como segue a historia! Resolve todos os misterios e convérteche en detective con Pepa Pistas e Maxi Casos!